Astronomía na beirarrúa: janeiro 2009

8.1.09

Bo Ano da Astronomía 2009 !!

O ano no que entramos foi declarado pola UNESCO Ano Internacional da Astronomía, lembrando que hai 400 anos Galileo, ao apuntar ao ceo cun telescopio que el mesmo fabricara, descubriu todo un mundo que fixo cambiar as nosas ideas sobre a natureza logo de librar unha dura batalla pola libertade de pensamento.

Moito cambiaron os tempos dende entón, por máis que as ameazas á libertade de investigación non desapareceron completamente da paisaxe (que pasaría se Galileo levantase a cabeza?)

Na Universidade de Santiago de Compostela estase a preparar un amplo programa de actividades do que vos manteremos informados. En moitas delas participaremos dende Astronomía na beirarrúa e o Clube Vega. Estades tod@s convidad@s!

Deixámosvos cun precioso video da web de NASA (clic aqui). Desfrutádeo!