Astronomía na beirarrúa: abril 2008

16.4.08

Que hai no ceo estes días?

Se queredes saber que se pode ver estes días nos ceos de Abril, baixádevos en pdf o útil Calendario Celeste preparado e editado polo Clube de Astronomía Vega de Santiago de Compostela. Facede clic na imaxe para ir a el.

Etiquetas:

1.4.08

Feira da primavera en San Pedro

A Asociación de Comerciantes de San Pedro, coa colaboración da Comisión de Festas, a Asoc. Veciñal a Xuntanza, o centro sociocultural da Trisca, o Concello de Compostela e nós mesmos, organiza outro día de festa na rúa este sábado día 5 de abril. Alí estaremos, a partir das 20h, cos telescopios e prismáticos para disfrutar coas e cos amantes da astronomía que queiran botar un ollo ao ceo. E se prefires a (g)astronomía, apúntate tamén: terá lugar o primeiro concurso de tapas dos bares do barrio :-)

Estades tod@s convidad@s!
(Fai clic no cartaz se queres velo con maior tamaño)

Etiquetas: